Entradas

Mostrando las entradas de septiembre, 2023
 COMO SE REPRESENTA A TERRA? O GLOBO TERRÁQUEO. O globo terráqueo é unha esfera. Por iso, mantén a forma da Terra. Nun globo terráqueo distínguense varios elementos: o eixe de rotación, o Polo Norte e o Polo Sur, o ecuador e os hemisferios, norte e sur. O PLANISFERIO O planisferio ou mapamundi é unha representación plana de toda a superficie terrestre. CARTÓGRAFOS As cartógrafas e os cartógrafos encárganse de elaborar os mapas. A ORIENTACIÓN Orientarse é identificar onde se encontran os puntos cardinais: norte, sur, leste e oeste. Podemos orientarnos en mapas e planos, na natureza e con diversos instrumentos, como o compás, que indica o norte cunha agulla imantada, e o GPS, que dá a localización exacta.
 OS MOVEMENTOS INTERNOS DA TERRA A CODIA ESTÁ FORMADA POR PLACAS A codia terrestre está fragmentada en grandes anacos chamados placas tectónicas que están en constante movemento como consecuencia das forzas internas da Terra. O choque entre placas tectónicas hai miles de anos provocou a creación de grandes montañas. Placas tectónicas CAMBIOS QUE VEÑEN DO INTERIOR. A codia terrestre cambia constantemente e non só polo movemento das placas. Algúns cambios prodúcense no interior da Terra, onde se almacena unha gran cantidade de enerxía. Cando a enerxía interna se libera provoca erupcións volcánicas e terremotos, que rompen e transforman a codia terrestre. Capas da Terra OS VOLCÁNS. Son os lugares por onde o magma sae á superficie da Terra. Cando o magma chega á superficie, recibe o nome de lava. A lava ascende por un conduto, a cheminea volcánica, e sae ao exterior por un orificio, o cráter. Ademais de lava, os volcáns expulsan gases e fragmentos de rocha. Todos estes materiais vanse acum

O Sistema Solar

Imagen
  O sistema solar é un conxunto de astros cunha estrela, o Sol, ao redor da que viran planetas, cometas e satélites. Vídeo O Sol , unha estrela. É unha enorme bóla de gases a temperatura altísima. Emite luz e calor continuamente. (É unha estrela porque ten luz propia e emite calor). Os planetas. Son corpos esféricos sen luz propia. Son 8: Mercurio, Venus Terra, Marte, Xúpiter , Saturno, Urano e Neptuno . Viran ao redor do Sol nunha órbita con forma de elipse . Unha órbita é o camiño que seguen os planetas ao redor do Sol. A Terra é o planeta en que vivimos. Está formada por tres capas: a atmosfera, a hidrosfera e a geosfera . Os satélites son astros que viran ao redor dos planetas. A Lúa é o satélite do noso planeta. A Lúa vira sobre si mesma e sobre a Terra durante 28 días. Nese tempo cambia de aspecto, é o que chamamos fases lunares. Os movementos da Terra A terra, como todos os planetas e satélites, tamén xira. Faino sobre si mesme (movemento de rotación) e arredor do Sol