COMO SE REPRESENTA A TERRA?


O GLOBO TERRÁQUEO.

O globo terráqueo é unha esfera. Por iso, mantén a forma da Terra. Nun globo terráqueo distínguense varios elementos: o eixe de rotación, o Polo Norte e o Polo Sur, o ecuador e os hemisferios, norte e sur.


O PLANISFERIO

O planisferio ou mapamundi é unha representación plana de toda a superficie terrestre.



CARTÓGRAFOS

As cartógrafas e os cartógrafos encárganse de elaborar os mapas.


A ORIENTACIÓN

Orientarse é identificar onde se encontran os puntos cardinais: norte, sur, leste e oeste.

Podemos orientarnos en mapas e planos, na natureza e con diversos instrumentos, como o compás, que indica o norte cunha agulla imantada, e o GPS, que dá a localización exacta.


Comentarios

Entradas más populares de este blog

Cómo é a Terra?

REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

Coñecemos os climas (para 4 curso)