OS MOVEMENTOS INTERNOS DA TERRA

A CODIA ESTÁ FORMADA POR PLACAS

A codia terrestre está fragmentada en grandes anacos chamados placas tectónicas que están en constante movemento como consecuencia das forzas internas da Terra.

O choque entre placas tectónicas hai miles de anos provocou a creación de grandes montañas.

Placas tectónicas

CAMBIOS QUE VEÑEN DO INTERIOR.

A codia terrestre cambia constantemente e non só polo movemento das placas. Algúns cambios prodúcense no interior da Terra, onde se almacena unha gran cantidade de enerxía.

Cando a enerxía interna se libera provoca erupcións volcánicas e terremotos, que rompen e transforman a codia terrestre.


Capas da Terra

OS VOLCÁNS.

Son os lugares por onde o magma sae á superficie da Terra.

Cando o magma chega á superficie, recibe o nome de lava. A lava ascende por un conduto, a cheminea volcánica, e sae ao exterior por un orificio, o cráter.

Ademais de lava, os volcáns expulsan gases e fragmentos de rocha. Todos estes materiais vanse acumulando arredor do cráter e dan orixe ao cono volcánico.

En España hai volcáns unicamente nas Illas Canarias.

Volcán

OS TERREMOTOS.

Son movementos bruscos da superficie terrestre producidos polas forzas internas da Terra. 

Cando estes movementos son moi violentos poden modificar rapidamente o relevo e producir grandes estragos.

Terremoto

Comentarios

Entradas más populares de este blog

Cómo é a Terra?

REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

Coñecemos os climas (para 4 curso)