O Sistema Solar

 O sistema solar é un conxunto de astros cunha estrela, o Sol, ao redor da que viran planetas, cometas e satélites. Vídeo

O Sol, unha estrela. É unha enorme bóla de gases a temperatura altísima. Emite luz e calor continuamente. (É unha estrela porque ten luz propia e emite calor).

Os planetas.
Son corpos esféricos sen luz propia. Son 8: Mercurio, Venus Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Viran ao redor do Sol nunha órbita con forma de elipse.
Unha órbita é o camiño que seguen os planetas ao redor do Sol.

A Terra é o planeta en que vivimos.
Está formada por tres capas: a atmosfera, a hidrosfera e a geosfera.
Os satélites son astros que viran ao redor dos planetas.

A Lúa é o satélite do noso planeta. A Lúa vira sobre si mesma e sobre a Terra durante 28 días. Nese tempo cambia de aspecto, é o que chamamos fases lunares.

Os movementos da Terra
A terra, como todos os planetas e satélites, tamén xira. Faino sobre si mesme (movemento de rotación) e arredor do Sol (movemento de translación).

Comentarios

Entradas más populares de este blog

Cómo é a Terra?

REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

Coñecemos os climas (para 4 curso)