Cómo é a Terra?
A SUPERFICIE DA TERRA Na superficie da Terra destacan tres cores: o azul, sobre todo,o verde e o marrón. O azul é a auga dos océanos e dos mares. O marrón corresponde ás rochas dos continentes e illas. O verde corresponde a súa vexetación. OCÉANOS E CONTINENTES. Os océanos son grandes superficies de auga salgada. Hai 5 océanos: Pacífico, Atlántico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico. Os continentes son amplas extensións de Terra. Hai 6 continentes: Asia, América, África, Oceanía, Antártida e Europa, onde vivimos. Repasa con Educaplay QUE É A PAISAXE? É o aspecto que ten unha ampla extensión de terreo. Nas paisaxes hai elementos naturais, como o relevo, a vexetación e as augas. O relevo son as formas do terreo (montañas, chairas). A vexetación son as plantas naturais que crecen no terreo. As augas están formadas polos ríos, os regatos, os lagos… As paisaxes tamén poden ter elementos construídos polas persoas, como cidades, estradas, pontes… AS PAISAXES PROTEXIDAS Hai paisaxes
Comentarios
Publicar un comentario