REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

1.  QUE É A PREHISTORIA? EN QUE ETAPAS SE DIVIDE?

A Prehistoria é o período máis antigo e extenso do pasado da humanidade. Esténdese desde a aparición dos primeiros seres humanos ata a invención da escritura, hai uns 5000 anos.

ETAPAS: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.


2. FORMAS DE VIDA NA PREHISTORIA.

NÓMADE: É aquel que se despraza dun lugar a outro na procura de alimento. Deuse no Paleolítico.

SEDENTARIA: É a persoa que se establece nun lugar fixo para vivir. Deuse no Neolítico e Idade dos Metais. 



3. POR QUE AS PERSOAS SE FIXERON SEDENTARIAS?

Fixéronse sedentarios porque empezaron a cultivar e coidar o gando. As persoas do Neolítico decidiron vivir preto das terras e dos animais que domesticaban.


4. EN CADA UNHA DESTAS ETAPAS, TIVERON LUGAR DIVERSOS INVENTOS.

PALEOLÍTICO: ferramentas e lume.

NEOLÍTICO: tear e cerámica.

IDADE DOS METAIS: vela e roda.


5. O MEGALITISMO.

Menhir: Pedra alongada cravada no chan.



Dolmen: Pedras verticais cubertas por unha horizontal.



Crómlech: Grandes pedras verticais que forman un círculo.




6. PINTURA NA PREHISTORIA.

No Paleolítico pintaban animais, como mamuts, bisontes, cervos, cabalos..

Eran pinturas moi realistas e utilizaban varias cores.


No Neolítico, representábase persoas cazando, recolectando ou danzando. Eran pinturas esquemáticas e dunha soa cor.


7. CARACTERÍSTICAS DO NEOLÍTICO.
VIVENDA. Vivían en chozas que se construían con adobe, pedras, madeira e palla. As vivendas edificábanse próximas unhas doutras e formaban aldeas, que se protexían con muros.
ALIMENTACIÓN. A caza, a pesca e a recolección deixaron de ser as únicas formas de alimentarse, porque as persoas aprenderon a producir os seus propios alimentos.
VESTIDOS. Vestían e calzaban con peles e con tecidos que aprenderon a fabricar.

8. CARACTERÍSTICAS DO PALEOLÍTICO.

VIVENDA. Vivían en covas ou en chozas que construían con pólas e peles de animais.
ALIMENTACIÓN. Alimentábanse da carne dos animais que cazaban ou pescaban e dos froitos que apañaban.
VESTIDOS. Utilizaban a pel dos animais para vestirse e protexerse do frío. Tamén usaban cunchas, pedras e ósos como adornos.



9. COMO SE DESCUBRIU A AGRICULTURA E A GANDARÍA.
A agricultura, porque se decataron de que, se unha semente caía ao chan, nese lugar medraba unha planta.
A gandaría, porque conseguiron manter os animais nun cercado para obter carne e leite, e así non ter que cazalos.


10. IMPORTANCIA QUE TIVERON A VELA E A RODA PARA O DESENVOLVEMENTO DO COMERCIO.

Melloraron os transportes e permitiron trasladar máis cantidades de produtos dun lugar a outro, por iso beneficiaron o comercio.

















































Comentarios

Entradas más populares de este blog

Cómo é a Terra?

Coñecemos os climas (para 4 curso)