Cómo é a Terra?

 A SUPERFICIE DA TERRA

Na superficie da Terra destacan tres cores: o azul, sobre todo,o verde e o marrón.

O azul é a auga dos océanos e dos mares.

O marrón corresponde ás rochas dos continentes e illas.

O verde corresponde a súa vexetación.


OCÉANOS E CONTINENTES.

Os océanos son grandes superficies de auga salgada. Hai 5 océanos: Pacífico, Atlántico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.

Os continentes son amplas extensións de Terra. Hai 6 continentes: Asia, América, África, Oceanía, Antártida e Europa, onde vivimos.

Repasa con Educaplay


QUE É A PAISAXE?

É o aspecto que ten unha ampla extensión de terreo. 

Nas paisaxes hai elementos naturais, como o relevo, a vexetación e as augas.

O relevo son as formas do terreo (montañas, chairas).

A vexetación son as plantas naturais que crecen no terreo.

As augas están formadas polos ríos, os regatos, os lagos…


As paisaxes tamén poden ter elementos construídos polas persoas, como cidades, estradas, pontes…


AS PAISAXES PROTEXIDAS

Hai paisaxes con elementos naturais tan valiosos que os declaramos parques nacionais ou naturais. Así, protexémolos.

Fragas do Eume


COMO SON AS PAISAXES DE MONTAÑA?

O terreo das paisaxes de montaña é elevado e adoita ter abundante vexetación. Nas paisaxes de montaña encontramos montañas que forman serras e vales que se abren entre elas.



Montañas e serras.

As montañas son terreos elevados e en costa. Varias xuntas foman serras, e varias serras unidas, unha cordilleira.


Vales.

Son terreos chans e afundidos situados entre montañas, case sempre percorridos por ríos.


COMO É A VIDA NA MONTAÑA?

Na montaña vai frío e neva no inverno.

As aldeas son pequenas e comunícanse por estradas estreitas e con curvas.

O turismo é unha actividade importante porque as persoas acoden para gozar da natureza ou para practicar deportes nas montañas.


COMO SON AS PAISAXES DE CHAIRA?

Nas paisaxes de chaira hai grandes extensións de terreo chan.

As chairas poden ser mesetas ou depresións.

As mesetas son terreos chans, pero situados a bastante altura.

As depresións son terreos planos que están afundidos e rodeados doutros máis elevados.

Nas chairas podemos encontrar outeiros, que son elevacións de pouca altura coa cima plana.



COMO É A VIDA NA CHAIRA?
A maioría das localidades encóntranse en chairas porque é máis fácil construir nos terreos planos.

TRABALLOS QUE SE REALIZAN NAS ZONAS DE CHAIRA.
Nas aldeas numerosas persoas traballan na agricultura, porque os cultivos crecen ben en terreos chans preto dos ríos.
Nas vilas e nas cidades a maioría das persoas traballan nos transportes, fábricas, oficinas, comercios, hospitais...




COMO SON AS PAISAXES DE COSTA?





costa é a terra que está en contacto co mar.
Se ten acantilados porque as montañas chegan deica o mar, chámase costa alta.




Se hai praias de area ou de cantos, chámase costa baixa.



Nas paisaxes de costa, o relevo ten formas variadas.



CABOS. son saíntes de terra que entran no mar. Os saíntes máis pequenos chámanse puntas.

GOLFOS. Son grandes entradas do mar na terra. Se son entradas máis pequenas chámanse baías.

ILLAS. Son porcións de terra rodeadas de mar por todas as partes. Varias illas próximas forman un arquipélago.

PENÍNSULAS. Son terreos rodeados de auga por todas as partes menos por unha, chamada istmo.


COMO É A VIDA NA COSTA?
Nas costas viven moitas persoas en aldeas, vilas e cidades.
Cada ano chegan ás costas numerosos turistas para pasaren as vacacións. Por iso, contan con moitas infraestruturas: hoteis, portos deportivos, centros de ocio...
Antes, moitas persoas dedicábanse á pesca. Agora, a maioría traballan na industria e nos servizos, sobre todo no turismo, como guías, recepcionistas ou camareiros.



Comentarios

Entradas más populares de este blog

REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

Coñecemos os climas (para 4 curso)