Entradas más populares de este blog
TEMA 3. PRODUCIMOS DE FORMA RESPONSABLE.
QUÉ SON AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS? Son as actividades realizadas polas persoas que permiten conseguir produtos e servizos. Dependdendo do que obteñan, as actividades produtivas clasifícanse en sectores: primario, secundario e terciario ou de servizos. SECTOR PRIMARIO. Son as actividades que obteñen produtos e materias primas directamente da natureza, como a agricultura, a gandaría, a pesca ou a explotación de bosques. SECTOR SECUNDARIO. Inclúe as actividades que transforman as materias primas en produtos elaborados, como a artesanía, a industria e a construción. SECTOR TERCIARIO. Son as actividades que ofrecen servizos como o comercio, o transporte, o ensino, a sanidade. COMO SE REALIZAN AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS? O proceso produtivo consta de 4 fases: 1. Produción. Proceso para obter ou transformar un recurso natural. 2. Distribución e venda. Traslado e comercialización dos produtos a un prezo. 3. Consumo. Compra polos consumidores dun produto ou dun servizo nun comercio fí...
REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.
1. QUE É A PREHISTORIA? EN QUE ETAPAS SE DIVIDE? A Prehistoria é o período máis antigo e extenso do pasado da humanidade. Esténdese desde a aparición dos primeiros seres humanos ata a invención da escritura, hai uns 5000 anos. ETAPAS: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. 2. FORMAS DE VIDA NA PREHISTORIA. NÓMADE: É aquel que se despraza dun lugar a outro na procura de alimento. Deuse no Paleolítico. SEDENTARIA: É a persoa que se establece nun lugar fixo para vivir. Deuse no Neolítico e Idade dos Metais. 3. POR QUE AS PERSOAS SE FIXERON SEDENTARIAS? Fixéronse sedentarios porque empezaron a cultivar e coidar o gando. As persoas do Neolítico decidiron vivir preto das terras e dos animais que domesticaban. 4. EN CADA UNHA DESTAS ETAPAS, TIVERON LUGAR DIVERSOS INVENTOS. PALEOLÍTICO: ferramentas e lume. NEOLÍTICO: tear e cerámica. IDADE DOS METAIS: vela e roda. 5. O MEGALITISMO. Menhir: Pedra alongada cravada no chan. Dolmen: Pedras verticais cubertas por unha horizontal. Cró...
Comentarios
Publicar un comentario