Entradas

REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

Imagen
1.  QUE É A PREHISTORIA? EN QUE ETAPAS SE DIVIDE? A Prehistoria é o período máis antigo e extenso do pasado da humanidade. Esténdese desde a aparición dos primeiros seres humanos ata a invención da escritura, hai uns 5000 anos. ETAPAS: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. 2. FORMAS DE VIDA NA PREHISTORIA. NÓMADE: É aquel que se despraza dun lugar a outro na procura de alimento. Deuse no Paleolítico. SEDENTARIA: É a persoa que se establece nun lugar fixo para vivir. Deuse no Neolítico e Idade dos Metais.  3. POR QUE AS PERSOAS SE FIXERON SEDENTARIAS? Fixéronse sedentarios porque empezaron a cultivar e coidar o gando. As persoas do Neolítico decidiron vivir preto das terras e dos animais que domesticaban. 4. EN CADA UNHA DESTAS ETAPAS, TIVERON LUGAR DIVERSOS INVENTOS. PALEOLÍTICO: ferramentas e lume. NEOLÍTICO: tear e cerámica. IDADE DOS METAIS: vela e roda. 5. O MEGALITISMO. Menhir: Pedra alongada cravada no chan. Dolmen: Pedras verticais cubertas por unha horizontal. Cró...

COÑECEMOS A PREHISTORIA!

Imagen
Aquí déixovos uns vídeos moi interesante sobre a vida na prehistoria e as etapas que hai dentro da mesma: paleolítico, neolítico e idade dos metais. Espero que vos gusten!! 🙂 A PREHISTORIA A PREHISTORIA. Outro vídeo Con Tadeo Jones coñecemos os principais xacementos que hai en España. Principais xacementos

TEMA 3. PRODUCIMOS DE FORMA RESPONSABLE.

 QUÉ SON AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS? Son as actividades realizadas polas persoas que permiten conseguir produtos e servizos. Dependdendo do que obteñan, as actividades produtivas clasifícanse en sectores: primario, secundario e terciario ou de servizos. SECTOR PRIMARIO.  Son as actividades que obteñen produtos e materias primas directamente da natureza, como a agricultura, a gandaría, a pesca ou a explotación de bosques. SECTOR SECUNDARIO. Inclúe as actividades que transforman as materias primas en produtos elaborados, como a artesanía, a industria e a construción. SECTOR TERCIARIO. Son as actividades que ofrecen servizos como o comercio, o transporte, o ensino, a sanidade. COMO SE REALIZAN AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS? O proceso produtivo consta de 4 fases: 1. Produción. Proceso para obter ou transformar un recurso natural. 2. Distribución e venda. Traslado e comercialización dos produtos a un prezo. 3. Consumo. Compra polos consumidores dun produto ou dun servizo nun comercio fí...

Organización territorial de España

Imagen
  Mapas das provincias españolas e Comunidades Autónomas. Vídeo para aprender as provincias, as capitais e as Comunidades Autónomas. Juego provincias españolas Otro  xogo. Fichas para repasar. MAPA DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS.

CAMBIO CLIMÁTICO (4º CURSO)

O cambio climático está a modificar as condicións das temperaturas, precipitacións e ventos dos climas da Terra. COMO SE PRODUCIU O CAMBIO CLIMÁTICO? CAUSAS. A CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA (expulsión de fume e substancias tóxicas ao aire, como o dióxido de carbono). Actividades humanas, como a combustión de carbón ou petróleo, multiplicárono. Os volcáns expúlsano de forma natural. PROVOCA O EFECTO INVERNADOIRO que produce un incremento da calor na Terra. E á súa vez, O QUECEMENTO GLOBAL, aumentando a temperatura media do planeta. O cambio climático O efecto invernadoiro CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO FENÓMENOS METEOROLÓXICOS EXTREMOS ( inundacións, secas, ondas de calor, incremento de temperaturas en todas as estacións... que afectan o chan cultivable e reducen a produción de alimentos) DESXEO DE POLOS E GLACIARES . Fai que se perdan ecosistemas, cidades, pobos, aumenta o nivel do mar e asolagan zonas de costa. MIGRACIÓNS HUMANAS E PERDAS DE BIODIVERSIDADE . Moitas persoas teñen...

Coñecemos os climas (para 4 curso)

Imagen
 QUE É O CLIMA? É o conxunto de condicións que ten a atmosfera nun lugar da Terra ao longo duns trinta anos. Para coñecer os climas hai que saber como son e como se distribúen as temperaturas e as precipitacións en cada estación do ano. As temperaturas indícannos se vai frío ou calor. Mídense co termómetro e exprésense en graos Celsius. As precipitacións é a cantidade de auga que se recoge cada día (en forma de choiva, de neve ou de saraiba). Mídense co pluviómetro. POR QUE HAI CLIMAS DIFERENTES? 1. A proximidade ao ecuador. 2. A distribución do relevo. A PROXIMIDADE AO ECUADOR Nas zonas próximas ao ecuador os raios solares chegan moi perpendiculares e fai calor. Ao afastarnos do ecuador, as temperaturas van descendendo. Por iso, distínguense varias zonas climáticas: unha zona cálida, dúas tépedas y dúas zonas frías. Vídeo zonas climáticas A DISTRIBUCIÓN DO RELEVO. Nas montañas fai menos frío que nas tierras de menos altura. Tamén inflúe a distancia ao mar, xa que as costas teñen t...

Cómo é a Terra?

Imagen
 A SUPERFICIE DA TERRA Na superficie da Terra destacan tres cores: o azul, sobre todo,o verde e o marrón. O azul é a auga dos océanos e dos mares. O marrón corresponde ás rochas dos continentes e illas. O verde corresponde a súa vexetación. OCÉANOS E CONTINENTES. Os océanos son grandes superficies de auga salgada. Hai 5 océanos: Pacífico, Atlántico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico. Os continentes son amplas extensións de Terra. Hai 6 continentes: Asia, América, África, Oceanía, Antártida e Europa, onde vivimos. Repasa con  Educaplay QUE É A PAISAXE? É o aspecto que ten unha ampla extensión de terreo.  Nas paisaxes hai elementos naturais, como o relevo, a vexetación e as augas. O relevo son as formas do terreo (montañas, chairas). A vexetación son as plantas naturais que crecen no terreo. As augas están formadas polos ríos, os regatos, os lagos… As paisaxes tamén poden ter elementos construídos polas persoas, como cidades, estradas, pontes… AS PAISAXES PROTEXIDA...