Entradas

REPASO TEMA "VIVIMOS XUNTOS"

Repaso xogo tema "Vivimos xuntos" Gracias David por avisarme que no podías acceder 👌😀

REPASAMOS O QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.

Imagen
1.  QUE É A PREHISTORIA? EN QUE ETAPAS SE DIVIDE? A Prehistoria é o período máis antigo e extenso do pasado da humanidade. Esténdese desde a aparición dos primeiros seres humanos ata a invención da escritura, hai uns 5000 anos. ETAPAS: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. 2. FORMAS DE VIDA NA PREHISTORIA. NÓMADE: É aquel que se despraza dun lugar a outro na procura de alimento. Deuse no Paleolítico. SEDENTARIA: É a persoa que se establece nun lugar fixo para vivir. Deuse no Neolítico e Idade dos Metais.  3. POR QUE AS PERSOAS SE FIXERON SEDENTARIAS? Fixéronse sedentarios porque empezaron a cultivar e coidar o gando. As persoas do Neolítico decidiron vivir preto das terras e dos animais que domesticaban. 4. EN CADA UNHA DESTAS ETAPAS, TIVERON LUGAR DIVERSOS INVENTOS. PALEOLÍTICO: ferramentas e lume. NEOLÍTICO: tear e cerámica. IDADE DOS METAIS: vela e roda. 5. O MEGALITISMO. Menhir: Pedra alongada cravada no chan. Dolmen: Pedras verticais cubertas por unha horizontal. Crómlech: Gr

COÑECEMOS A PREHISTORIA!

Imagen
Aquí déixovos uns vídeos moi interesante sobre a vida na prehistoria e as etapas que hai dentro da mesma: paleolítico, neolítico e idade dos metais. Espero que vos gusten!! 🙂 A PREHISTORIA A PREHISTORIA. Outro vídeo Con Tadeo Jones coñecemos os principais xacementos que hai en España. Principais xacementos

TEMA 3. PRODUCIMOS DE FORMA RESPONSABLE.

 QUÉ SON AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS? Son as actividades realizadas polas persoas que permiten conseguir produtos e servizos. Dependdendo do que obteñan, as actividades produtivas clasifícanse en sectores: primario, secundario e terciario ou de servizos. SECTOR PRIMARIO.  Son as actividades que obteñen produtos e materias primas directamente da natureza, como a agricultura, a gandaría, a pesca ou a explotación de bosques. SECTOR SECUNDARIO. Inclúe as actividades que transforman as materias primas en produtos elaborados, como a artesanía, a industria e a construción. SECTOR TERCIARIO. Son as actividades que ofrecen servizos como o comercio, o transporte, o ensino, a sanidade. COMO SE REALIZAN AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS? O proceso produtivo consta de 4 fases: 1. Produción. Proceso para obter ou transformar un recurso natural. 2. Distribución e venda. Traslado e comercialización dos produtos a un prezo. 3. Consumo. Compra polos consumidores dun produto ou dun servizo nun comercio físico ou d

Organización territorial de España

Imagen
  Mapas das provincias españolas e Comunidades Autónomas. Vídeo para aprender as provincias, as capitais e as Comunidades Autónomas. Juego provincias españolas Otro  xogo. Fichas para repasar. MAPA DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS.

CAMBIO CLIMÁTICO (4º CURSO)

O cambio climático está a modificar as condicións das temperaturas, precipitacións e ventos dos climas da Terra. COMO SE PRODUCIU O CAMBIO CLIMÁTICO? CAUSAS. A CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA (expulsión de fume e substancias tóxicas ao aire, como o dióxido de carbono). Actividades humanas, como a combustión de carbón ou petróleo, multiplicárono. Os volcáns expúlsano de forma natural. PROVOCA O EFECTO INVERNADOIRO que produce un incremento da calor na Terra. E á súa vez, O QUECEMENTO GLOBAL, aumentando a temperatura media do planeta. O cambio climático O efecto invernadoiro CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO FENÓMENOS METEOROLÓXICOS EXTREMOS ( inundacións, secas, ondas de calor, incremento de temperaturas en todas as estacións... que afectan o chan cultivable e reducen a produción de alimentos) DESXEO DE POLOS E GLACIARES . Fai que se perdan ecosistemas, cidades, pobos, aumenta o nivel do mar e asolagan zonas de costa. MIGRACIÓNS HUMANAS E PERDAS DE BIODIVERSIDADE . Moitas persoas teñen